martes, 6 de marzo de 2007

TRES POEMAS INEDITOS DE MARIA LADO. POETA GALEGA

Por alguna razón que desconozco, no hube de nacer en Galiza. Seguramente hubiera sido más tranquilo todo. Más húmedo. En la otra casa, en Galicia, encontré familia. Hermanos. Amores, orujos y, una hija, un modo de brillar la noche diferente. Sin contar la vieiras, los bueyes de mar, el pote con grelos.



TRES POEMAS DE MARIA LADO





cuqui é pequeno de máis para ser un osiño de peluxe
e cáelle o nariz
por iso non lle gusta ir á lavadora
nin que mamá o colgue a secar polas orellas
ademais
bótame de menos durante o centrifugado
e eu a el ¿ e se lle doe?
as orellas ¿e se lle doen as orellas das pinzas?
ou estar só tanto tempo na trandeira

e eu a el sobre todo hoxe que é luns e ti estás tan lonxe
así que o meto húmido debaixo das sabas
e apértoo
para que non chore máis que eu sexa xa grande
que me gusta porque sei que me quere pequeno
como só poden querer os osiños os nenos
que lle perdoan ata a dor das pinzas

como sei que ti e eu nos queremos




Adictas

todo é certo. eu por exemplo, amo o teu sorriso. creme. e deslizarme sobre o teu peito antes de que todo acabe, que me abraces.
porque se me meto en líos non podemos amarnos?
móllanse as avenidas e escurece, non che vexo. e se saio é por atoparche. busco os teus ollos nas pupilas cristalizadas dos que me persiguen. como agora. agora estouche buscando entre toda esta xente á que non coñezo. cada un saca a súa navalla pero non son para cortar, desafían a madrugada. fano así para que nunca máis me ames. non creas o que din as súas linguas. todas están secas e mortas. o padal. o ceo do padal é o lugar no que seguro te ocultas. porque ti eres un anxiño meu ben. e eu búscoche no ceo.creme. todo é certo. non te engañes. somos adictas.
eu por exemplo...



(de la serie inédita todo mal, 2006).....


os ollos cansos e o babi azul e branco
genoveva mírase na fiestra do coche de liña
na bolsa do claudio van un plátano e dúas laranxas

mírase e cóntase en mareas genoveva,
nas mans batidas leva a dor das navallas
anos de moluscos mortos trábanlle nas puntas dos dedos
desfánselle en area da ribeira os xeonllos
e o salitre dos algazos cómelle das pupilas secas

con todo
genoveva ten o mar aniñado no peito
arrólao entre os brazos as mañás de temporal
e gárdalle respecto polos fillos que leva na carteira

e porque sabe
que a súa vida toda
cabe nunha bolsa de rede
e vale o que unha boa mañá de lonxa

o coche para
e roda unha laranxa ata os pés do conductor
genoveva baixa
do outro lado
o día érguese por detrás de fisterra
------------------------------------------------------------------------------------------------
HOY SE PRESENTÓ EN BARCELONA: "La Fiesta Vigilada" de Antonio José Ponte. (Editorial Anagrama)

No hay comentarios:

Publicar un comentario